Monday 06 de May de 2024

Obradoiro “Crea a túa cunca de almorzo” no Museo Os Oleiros


O Concello organiza un novo obradoiro no Museo os Oleiros no que os asistentes poderán crear a súa propia cunca de almorzo.

Trátase dunha actividade, dirixida a mozas e mozos de entre 15 e 25 anos, na cada participante creará a súa propia cunca para o almorzo coa técnica do urdido; a decorará cos motivos que máis lle gusten e o último día falarase de todo o proceso ademais de recoller as súas creacións.

Os obxectivos desta actividade son:
– Ofrecer ao público máis novo do concello a posibilidade de experimentar coas técnicas da olería e a cerámica dun xeito práctico.
– Familiarizar aos participantes coas distintas técnicas do traballo do barro.
– Dar a coñecer o importante patrimonio conservado na colección do museo entre o público máis novo.

A actividade será dirixida pola ceramista Isabel Gómez.

O obradoiro é de balde e realizarase en 3 xornadas os días 24 de febreiro, 2 e 9 de marzo de 11:00 a 13:30h (é obrigatorio poder asistir os tres días). As inscricións poden realizarse desde o 14 ao 22 de febreiro, no seguinte enlace: https://www.oleiros.org/web/forms/shared/-/form/1051485
Tamén de xeito presencial no Museo Os Oleiros ou no teléfono 981 626 692 só para aquelas persoas que non dispoñan de acceso aos medios dixitais.